Yolanda Pedreira clausura as Xornadas de terapia asistida con animais en Sargadelos

 cervo_terapia_animais.jpg

CERVO .- A concelleira de Sanidade do Concello de Cervo Yolanda Pedreira Cruz participou no acto de clausura da cuarta edición das xornadas de terapia asistida con animais e natureza celebradas este fin de semana en Sargadelos. O Concello de Cervo prestou as instalacións e colaborou con parte dos medios materiais necesarios para desenvolver esta actividade organizada polo Centro Veterinario A Marosa e a Universidade Autónoma de Madrid.

Máis dunha vintena de alumnos adquiriron a formación necesaria para axudar ás persoas empregando como terapia psico-física a comunicación cos animais. A actividade incluíu tanto aspectos teóricos como prácticos e desenvolveuse na Sala de Exposicións do conxunto histórico artístico de Sargadelos e na súa contorna natural.

Dous dos relatores foron a psicóloga clínica Mª Isabel Salama Falabella, experta neste tipo de terapias e o veterinario Germán Quintana Díez. Os aspectos prácticos, que se desenvolveron na tarde do pasado sábado, tiveron como protagonistas varios cans adestrados para participar neste tipo de terapias que resultan ser moi positivas para o tratamento de determinadas problemáticas de saúde, tanto física como e psicolóxica. Yolanda Pedreira subliñou o compromiso do Goberno municipal por colaborar en todo tipo de actividades formativas que, como neste caso, afondan na investigación de métodos positivos para a saúde e na experimentación en clave de respecto cos animais.

 

Artículo obtenido de www.cronica3.com





0 comentarios

¿Quieres dejar tu comentario? ¡Hazte miembro!


Para poder escribir comentarios en los artículos debes ser miembro de Aeneagrama. Si quieres disfrutar de todas las ventajas que esta asociación te ofrece, regístrate: